domingo, 7 de xuño de 2020

SINOPSE DO ESPECTÁCULO


                                                                     XA CHEGAN OS MONIFATES!!!!!


Un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes que percorren vilas e pobos cunha importante misión, a de mostrar a rica e variada música e instrumentación da cultura galega, nun formato distinto e orixinal.

Nas súas viaxes fóronse sumando os máis diversos e peculiares bailaríns (títeres).

Integrando así música e marionetas nun espectáculo pensado para toda a familia, maravillándonos coas historias dos seus personaxes.

Esta singular troupe, formada por Bartolo o pandereteiro, o Porco Antón, Xaquín e Maruxa, Saturno e Leonor, o Galo Farruco e Os Barbanzóns, pon o baile nun improvisado escenario para disfrute e divertimento do público asistente.

O eixe central está formado por gaita tradicional, bombo e zanfona, intercalando entre as melodías outros artiluxios coma o pínfano, punteiros, gaita tumbal do século XIX, gaita de dobre punteiro e diversa instrumentación de percusión coma culleres, castañolas de peito, táboa de lavar, etc.

En definitiva, Os Monifates completan un espectáculo de animación versátil, en formato acústico. Non precisan equipo de son nen palco e están encamiñados a animar calqueira tipo de evento no que gusten de escoitar un pouco de música tradicional nun formato orixinal.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario