domingo, 7 de xuño de 2020

PRESENTACIÓN


Os Monifates somos Alberto Millán (músico) e Xosé Piñeiro (músico e artesán), que no ano 2015 decidimos xuntarnos para dexeñar un proxecto en común no que tiveran cabida parte das nosas inquedanzas artísticas en relación coa música e o baile galego ata conseguir un espectáculo cun formato distinto e orixinal.
Durante varios anos estivemos investigando e recopilando información sobre os chamados títeres danzantes, (marionetas que bailan ó mesmo tempo que ó instrumentista toca).
Esta clase de títeres entraron na península ibérica no século XII e ata a segunda metade do século XIX fecha na que este arte comezou a desaparecer, eran uns dos títeres máis populares, empregados como medio de vida por músicos ambulantes ou por mariñeiros e pastores entre outros quenes os empregaban como pasatempo nos seus momentos de descanso.
Por iso nós decidimos ir co noso carromato musical querendo rendir unha homenaxe a todos estes músicos ambulantes os cales nos inspiraron para crear o que hoxe é o noso espectáculo de Os Monifates.
Así que despois de estudar o que se conserva deste arte e facer as pertinentes probas, conseguimos ir creando os nosos títeres danzantes, intentando melloralos o máis posible, dándolles sempre un toque galego e incluso nalgún caso chegando a crear algúns con mecanismos propios.

Teléfono de contacto: 696 006 310
Email: osmonifates@gmail.com
https://www.facebook.com/monifates/




Ningún comentario:

Publicar un comentario